Opcións
Sinopse
O inquedo inspector de educación primaria Manuel Díaz Rozas (1894-1984), que exerceu en Galicia desde 1920, inscribiuse na atmosfera que preludiaba a chegada da II República. Foi presidente da sección de Pedagoxía do SEG, defendeu a autonomía política de Galicia e a galeguización escolar e foi, logo de Xohán Vicente Viqueira, quen quizais simbolice mellor os avatares e os impulsos de reforma política da educación en Galicia. Castigado primeiro e apartado despois da docencia ata 1964, viu frustrados os horizontes acariñados e sobre el caeu unha lousa de silencio; a perda da memoria social fixo o resto