Opcións
Sinopse
A historia de Tui enxérgase no tránsito que desde os inicios do século XX se produciu entre as rúas da pétrea cidade, e que sempre estivo protagonizado polos que tiñan, mais poucas veces ese paseo foi visitado por obreiros luxados de serraduras, labregos agraristas con estandartes dourados e mulleres de mandil ou “peineta” que berraban consignas liberadoras, aínda que formaron parte do mesmo tecido social, económico e político en que se enxertou a vida desta cidade miñota.
Unha das pretensións explícitas de Tui, 1900-1936, da man de Carlos Méixome, Bieito Alonso e Xosé Ramón Paz, é recuperar a historia de moitos deses seres de abaixo, que apenas circulan polos vieiros do relato máis común.