Datos do libro

HUMIDADES, AS (FINALISTA PREMIO ILLA NOVA 2025)
TOME, ALBA

  • Editora EDITORIAL GALAXIA S.A.
  • Materia FICCIÓN MODERNA E CONTEMPORÁNEA
  • Colección LITERARIA RONSEL
  • EAN 9788411765794
  • Estado Dispoñible
  • Páxinas 238
  • Tamaño 230x150x0 mm.
  • Data de lanzamento: 26/03/2026
Imp.incluídos 22,60€

Sinopse

A infancia pode ser un paraíso perdido ou o primeiro inferno. Cando a violencia se instala no fogar, a casa deixa de ser refuxio e convértese nun territorio de medo que marca para sempre a vida futura.
Nesta historia, un pai que aspira a medrar na política local constrúe unha nova imaxe pública mentres tenta enterrar o pasado. Na sombra, a avoa e as pequenas tecen unha alianza silenciosa, unha complicidade feita de miradas e agarimos, decididas a que non sexa tan doado reinventarse sen asumir as consecuencias.
Esta novela esculca no sórdido e no tenro, na crueza e na delicadeza. Un relato poderoso que nos lembra que detrás das portas dunha familia aparentemente común pode agocharse unha violencia invisible e unha forza inesperada disposta a romper o silencio.