Opciones
Sinopsis
A infancia pode ser un paraíso perdido ou o primeiro inferno. Cando a violencia se instala no fogar, a casa deixa de ser refuxio e convértese nun territorio de medo que marca para sempre a vida futura.
Nesta historia, un pai que aspira a medrar na política local constrúe unha nova imaxe pública mentres tenta enterrar o pasado. Na sombra, a avoa e as pequenas tecen unha alianza silenciosa, unha complicidade feita de miradas e agarimos, decididas a que non sexa tan doado reinventarse sen asumir as consecuencias.
Esta novela esculca no sórdido e no tenro, na crueza e na delicadeza. Un relato poderoso que nos lembra que detrás das portas dunha familia aparentemente común pode agocharse unha violencia invisible e unha forza inesperada disposta a romper o silencio.