Opciones
Sinopsis
PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2008
45 relatos breves dotados dun humor cómplice e dunha fina ironía e adobiados cun erotismo atrevido. A verdade como mal menor xoga coa literatura e coa cultura, xunta fontes eruditas certas con outras falsas, fai esvaerse a fronteira que separa ficción e realidade, é un engado para a imaxinación do lector. Narrativa que induce á participación, que busca un lector activo e esperta o enxeño. Un libro que provoca o sorriso e escorrenta a compracencia.