Datos do libro

PATRIMONIO VIVO, O. PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL (PCI)
VARIOS

  • Editora EDITORIAL GALAXIA S.A.
  • Materia DIDÁCTICA
  • Colección BIBL.INTERVENCION SOCIAL/DIDACTICA
  • EAN 9788411763769
  • Estado Dispoñible
  • Páxinas 302
  • Tamaño 240x170x0 mm.
  • Data de lanzamento: 16/11/2026
Imp.incluídos 25,00€

Sinopse

Que é o Patrimonio Cultural Inmaterial? Onde o atopamos? E como podemos coñecelo, coidalo e transmitilo ás novas xeracións?
Este libro achéganos ao Patrimonio Cultural Inmaterial desde unha perspectiva galego-portuguesa e ofrece ferramentas para comprendelo e incorporalo á educación e á vida das comunidades.
A experiencia de Ponte…nas ondas!, proxecto recoñecido pola UNESCO como “modelo de boas prácticas para a salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial”, percorre estas páxinas como un exemplo de como o patrimonio pode converterse nunha poderosa ferramenta para educar, unir xeracións e territorios, favorecer o diálogo intercultural e fortalecer os vínculos comunitarios.
Un libro para aprender, reflexionar e, sobre todo, para descubrir que o patrimonio non é só unha herdanza do pasado, senón unha realidade viva que construímos no presente e transmitimos cara ao futuro.