Opcions
Sinopsi
Que é o Patrimonio Cultural Inmaterial? Onde o atopamos? E como podemos coñecelo, coidalo e transmitilo ás novas xeracións?
Este libro achéganos ao Patrimonio Cultural Inmaterial desde unha perspectiva galego-portuguesa e ofrece ferramentas para comprendelo e incorporalo á educación e á vida das comunidades.
A experiencia de Ponte…nas ondas!, proxecto recoñecido pola UNESCO como “modelo de boas prácticas para a salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial”, percorre estas páxinas como un exemplo de como o patrimonio pode converterse nunha poderosa ferramenta para educar, unir xeracións e territorios, favorecer o diálogo intercultural e fortalecer os vínculos comunitarios.
Un libro para aprender, reflexionar e, sobre todo, para descubrir que o patrimonio non é só unha herdanza do pasado, senón unha realidade viva que construímos no presente e transmitimos cara ao futuro.