Opcións
Sinopse
Carlos Loureiro Rodríguez achéganos, tras un inxente traballo de documentación (completado con material accesible a través da web de Editorial Galaxia), a historia da sociedade Hijos del Ayuntamiento de La Estrada en Cuba, fundada na Habana en 1915, que hoxe segue puxante e cun pé en cada beira do Atlántico.
A importancia da emigración estradense no asociacionismo da illa caribeña queda reflectida non só nesta sociedade, senón tamén na creación do Centro Galega e noutras entidades, como Hijas de Galicia, que deron amparo e cobertura aos que tiveron que emigrar, tanto en Cuba como na terra de partida.