Datos do libro

SABER DE NOS. O SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS
MONTEAGUDO, HENRIQUE / VILLARES, RAMON

  • Editora CONSELLO DA CULTURA GALEGA
  • Materia ENSAIO/INVESTIGACIÓN EN GALEGO
  • Colección CONSELLO DA CULTURA
  • EAN 9788417802684
  • Estado Dispoñible
  • Data de lanzamento: 26/02/2025
Imp.incluídos 20,00€

Sinopse

O ano 2023 cumpriuse o centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos (SEG), unha iniciativa que tivo un percorrido tan breve como brilante (1923-1936), ata o punto de ser recoñecido como un fito na modernización tanto da cultura galega coma da propia universidade. O dito centenario ofreceu unha ocasión idónea para realizar un balance da súa significación na historia científica, intelectual e cultural de Galicia, na maduración da súa concepción como nación europea e na reivindicación do galego como idioma culto e plenamente desenvolvido.