Book data

SABER DE NOS. O SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS
MONTEAGUDO, HENRIQUE / VILLARES, RAMON

  • Editorial CONSELLO DA CULTURA GALEGA
  • Subject ENSAIO/INVESTIGACIÓN EN GALEGO
  • Collection CONSELLO DA CULTURA
  • EAN 9788417802684
  • Status Dispoñible
  • Release date: 26/02/2025
Tax included 20,00€

Synopsis

O ano 2023 cumpriuse o centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos (SEG), unha iniciativa que tivo un percorrido tan breve como brilante (1923-1936), ata o punto de ser recoñecido como un fito na modernización tanto da cultura galega coma da propia universidade. O dito centenario ofreceu unha ocasión idónea para realizar un balance da súa significación na historia científica, intelectual e cultural de Galicia, na maduración da súa concepción como nación europea e na reivindicación do galego como idioma culto e plenamente desenvolvido.