Liburuaren datuak

SER HUMANOS (PREMIO RAMON PIÑEIRO DE ENSAIO 2024)
CASAL VALIÑO, PILAR

  • Editoriala EDITORIAL GALAXIA S.A.
  • Gaia ENSAIOS LITERARIOS
  • Bilduma ENSAIO
  • EAN 9788411763929
  • Baldintza Dispoñible
  • Lotura Tapa blanda
  • Orrialdeak 218
  • Neurria 230x150x0 mm.
  • Release date: 24/06/2025
Tax included 23,60€

Sinopsia

A estendida idea de que a intelixencia artificial e a máquina van conquistar o mundo, lévanos aos seres humanos a unha posición de derrota. O medo fainos pensar que temos que funcionar como máquinas, desenvolver capacidades maquinais. Por que non adoptar unha postura máis activa e valente: a de ser máis humanos? O obxectivo deste ensaio é abrir o debate, invitar ao diálogo e á reflexión persoal. Que significa ser humano? Non sería preferible seguir sendo seres humanos, afondar na nosa natureza e levala a un nivel superior, en lugar de desafiala e empobrecela?
Temos habilidades moi valiosas e intrinsecamente humanas que non deben quedar obsoletas e que son, por tanto, as mellores aprendizaxes para responder á incerteza, ao cambio constante da nosa contorna e á complexidade dun mundo globalizado e interconectado.
Hai algo onde a tecnoloxía non nos superará: na nosa humanidade.