Opcions
Sinopsi
O que ninguén che contou sobre o cerebro: as emocións, a aprendizaxe, a memoria, os soños ou a saúde mental.
Como coidar o cerebro e como fortalecelo.
Un libro que pretende explicar o cerebro para a cativada; é iso posible? PODEN nenos e adolescentes entender a segreda andamiaxe onde nace a mente? Por suposto que si!
Sonia Villapol constrúe unha obra que combina rigor científico e linguaxe accesible, tendendo unha ponte entre a ciencia e a educación para que comprendamos como se forma o cerebro, un órgano extraordinariamente poderoso que fai posibles os nosos complexos comportamentos, pensamentos e accións. A neurociencia, como aquí se amosa, ensínanos que o cerebro se vai esculpindo con cada experiencia: co apoio, coa emoción compartida, coa seguridade e cos hábitos de vida, e, nesta liña, a autora incorpora unha visión actual e necesaria do eixe cerebro-intestino-microbiota, froito das súas investigacións.