Datos do libro

MISTERIO DO TORQUE DE BURELA, O
YÁÑEZ, ANTÍA

  • Editora EDITORIAL GALAXIA S.A.
  • Materia LIBRO INFANTIL ILUSTRADO
  • Colección OS MISTERIOS DE ANTÍA YÁÑEZ
  • EAN 9788411766425
  • Estado Dispoñible
  • Páxinas 152
  • Tamaño 210x140x0 mm.
  • Data de lanzamento: 10/11/2026
Imp.incluídos 16,00€

Sinopse

Tras pasar o verán en Portomarín e resolver o seu misterio, Antón, Sabela, Iria, Carola e o can Venres inician unha nova aventura. No transcurso dunha viaxe fan unha parada técnica en Lugo e son testemuñas directas do roubo do torque de Burela no Museo Provincial. A vila mariñá é o seu destino para as vacacións de Nadal, así que aproveitarán para investigar o sucedido con dúas novas incorporacións ao grupo: os irmáns Manu e Isa.
Acción, humor e compañeirismo, non exentos dalgunha que outra liorta entre detectives, son os ingredientes principais deste novo misterio onde nada é o que parece. Porque, que pasaría se as persoas culpables están moito máis preto do que cren?
Segunda entrega da saga dos Misterios, coa que máis de 30.000 lectoras e lectores xa descubriron as súas habilidades detectivescas!