Opcións
Sinopse
A partir da súa vivencia como peregrino a Santiago, e cunha técnica discursiva que ancora no epistolar, Enrique García Jiménez combina rigor histórico, reflexión espiritual e análise crítica da sociedade contemporánea arredor da ruta xacobea, de par que nos achega esta intensa experiencia catalizada nunha voz próxima que atrapa desde as primeiras páxinas e crea un círculo de complicidades que converte este ensaio nun convite para quen aínda non experimentaron a viaxe maior que leva a Compostela en peregrinación.