Datos do libro

VOLVEREDES BRINDAR POR MIN. UNHA BIOGRAFIA DE BEGOÑA CAAMAÑO
ROMANI, ANA / NOGUEIRA, MARIA XESUS

  • Editora EDITORIAL GALAXIA S.A.
  • Materia BIOGRAFÍAS E PROSA DE NON FICCIÓN
  • Colección LETRAS GALEGAS
  • EAN 9788411765893
  • Estado Dispoñible
  • Páxinas 244
  • Tamaño 210x135x0 mm.
  • Data de lanzamento: 17/04/2026
Imp.incluídos 15,40€

Sinopse

A partir de arquivos persoais, conversas e lembranzas compartidas, álbums íntimos, rastros documentais dispersos, apuntamentos e pegadas en soportes singulares, Ana Romaní e María Xesús Nogueira ofrécennos “unha” biografía de Begoña Caamaño, para chegar a unha obra, a unha peripecia vital, que fala da xornalista que foi, das preocupacións que sedimentaron o seu traballo e a súa visión dos medios de comunicación.
Este é, pois, un exercicio de reconstrución colectivo desde a confianza e a complicidade, co apoio imprescindible da rede de relacións que a escritora e xornalista xerou na súa vida, escrito a catro mans polas que foron amigas súas, a través de desemellantes memorias que configuran unha visión de conxunto.