Datos do libro

GRIAL 249 (XAN.FEB.MAR.2026)
VARIOS

  • Editora EDITORIAL GALAXIA S.A.
  • Materia <Genérica>
  • Colección GRIAL
  • EAN 9789200193460
  • Estado Dispoñible
  • Páxinas 180
  • Tamaño 270x180x0 mm.
  • Data de lanzamento: 29/04/2026
Imp.incluídos 15,00€

Sinopse

Ramón Otero Pedrayo, unha homenaxe xusta. Patricia Arias Chachero. Xesús Alonso Montero dicía que Ramón Otero Pedrayo era un autor “oceánico”, e tiña razón. Cando faltan poucas semanas para que se conmemore o quincuaxésimo aniversario do seu pasamento, e hai meses que o Parlamento de Galicia declarou, por unanimidade, o 2026 como Ano Oteriano, continúan aparecendo documentos que revelan datos importantes sobre a súa biografía, o seu compromiso coa Terra e o seu quefacer literario. Don Xesús dicía tamén que en cada escrito de Otero Pedrayo, por irrelevante que fose, hai sempre unha frase, unha palabra ou unha idea valiosa. Tamén nisto acertaba. Nas cartas que enviaba, nos prólogos que redactaba —mesmo naqueles que asinaba por compromiso, por non desilusionar—, nas conferencias que pronunciaba e incluso nas anotacións que facía nas súas axendas e nas marxes dos seus libros, é sinxelo entrever a súa bonhomía, o compromiso férreo e a sinceridade sen físgoas da súa entrega. Na súa colaboración, Xosé Antón Pastoriza escolleu abordar as relacións que don Ramón mantivo, na posguerra, cos exiliados. Neste caso cos homes que, desde Venezuela e capitaneados por Ramiro Isla Couto e Silvio Santiago, traballaban silandeiramente pola cultura galega. As viaxes a América denotan un labor político en tempos delicados e en ocasións perigosos, desde logo gravoso na vida do intelectual case octoxenario. Con estes catro traballos e os documentos que xunto a eles se reproducen, o número 249 da revista Grial, o primeiro con María López Sández como directora da revista, quere ofrecerlles aos amantes das letras galegas, aos herdeiros de don Ramón, unha pequena mostra do seu quefacer e do seu legado. Non son, con seguridade, as únicas achegas que aparecerán nestas páxinas ao longo deste Ano Oteriano 2026.