Opcións
Sinopse
Nesta obra dramática, Paula Carballeira percorre a vida e obra de Begoña Caamaño a partir dun podcast titulado “O transgredir das ondas”, onde a xornalista Xoana Barreiro recolle diferentes testemuñas e voces para reconstruír a faceta máis insubmisa e desobediente de Begoña Caamaño, a do sorriso calmo, a da voz nas ondas, a da escrita e a protesta necesaria.