Datos do libro

TORRES ABOLIDAS, AS
MIRANDA RUIZ, XOSE

  • Editora CENTRO PEN DE ESCRITORES DE GALICIA
  • Materia POESÍA
  • Colección ARTE DE TROBAR (POESIA)
  • EAN 9788409792894
  • Estado Dispoñible
  • Páxinas 74
  • Tamaño 200x120x0 mm.
  • Data de lanzamento: 15/01/2026
Imp.incluídos 19,50€

Sinopse

Queren lembrar estes versos os pasos de Villón na neve de París, as mandas de uros e bisontes, os amores de Flores e Brancafrol, as tristes señoras dun tempo pasado, as cervas que volven as augas dos montes, as tres irmás mouras que son só unha e sempre a mesma e sempre outra, o fardo do tardo, a serea da verga e a serea da furna, o couso e a arca de Caronte, a man impasible que peta na porta, os camiños borrados, os barcos mortos, a barca de xoguete naufragada na charca, os riscos das rapazas que noutrora subían pola rúa, a néboa ollada desde o cume, as pantasmas do que nunca foi, a cidade mergullada en cada un de nós, o inconsolable príncipe que busca a súa remota infancia nunca recobrada, os bíteres deitados polo mar, a choiva pertinaz que cae sempre no pasado, a delicada melancolía das estralas mortas, a soidade primeira, a largacía luz dos faros, os ollos amados, as aves que cantou Fernando Esquío, as xoaniñas que nos contaron os dedos e as torres demolidas polas horas incesantes.