Datos do libro

MALAS MULLERES, AS (LECTURA FACIL)
ALEIXANDRE, MARILAR

  • Editora EDITORIAL GALAXIA S.A.
  • Materia NARRATIVA EN GALEGO
  • Colección LITERARIA
  • EAN 9788411764971
  • Estado Dispoñible
  • Páxinas 176
  • Data de lanzamento: 20/11/2025
Imp.incluídos 18,50€

Sinopse

Esta historia pasa na Coruña en 1863. Fala da vida de Sisca, unha rapaza de 15 anos que está na Galera, o cárcere de mulleres. Nesta novela aparecen personaxes históricas, como Concepción Arenal, que foi visitadora dos cárceres, e Juana de Vega, que a acompañaba. As dúas loitaron por mellorar a vida das persoas. A novela axuda a entender a nosa historia a través da historia de mulleres pobres, maltratadas e excluídas na Galicia do século 19. A novela conta as difíciles condicións de vida das mulleres nun ton poético, como é habitual nas obras de Marilar Aleixandre.

PREMIO EDUARDO BLANCO AMOR
PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA