Datos do libro

FORA DE CAMPO (PREMIO VIDAL BOLAÑO 2024)
FERNANDEZ RIAL, ROSALIA

  • Editora EDITORIAL GALAXIA S.A.
  • Materia TEATRO EN GALEGO
  • Colección COSTA OESTE
  • EAN 9788411763219
  • Estado Dispoñible
  • Encadernación Tapa blanda
  • Páxinas 68
  • Tamaño 210x135x0 mm.
  • Peso 1
  • Data de lanzamento: 24/07/2024
Imp.incluídos 10,50€

Sinopse

PREMIO ROBERTO VIDAL BOLAÑO 2024
Nere, @nerenao para as escasas seguidoras de Instagram, é unha moza dilixente e vivaz que adora as súas amigas e se leva ben coas compañeiras do equipo de vólei. É unha adolescente máis, unha estudante máis dun instituto máis, coma calquera outra.
Pero todo cambia cando Gladius, o influencer máis admirado pola comunidade, repara nela. En canto lle pide participar na súa nova serie, a vida dálle un xiro radical. Entra no reino das elixidas e nada volve ser coma antes.
Fóra de campo enfoca o que fica alén do plano, o que se pode intuír pero non se ve, nese espazo onde se revela a cara oculta das redes sociais, o poder das contendas cotiás, os fíos que unen as mulleres que non se deixan enredar.