Datos do libro

FORZA ESCURA, A
COUPERUS, LOUIS

  • Editora EDITORIAL GALAXIA S.A.
  • Materia FICCIÓN MODERNA E CONTEMPORÁNEA
  • Colección LITERARIA UNIVERSAL
  • EAN 9788411762090
  • Estado Dispoñible
  • Encadernación Tapa blanda
  • Páxinas 256
  • Tamaño 220x150x0 mm.
  • Peso 1
  • Data de lanzamento: 06/05/2024
Imp.incluídos 20,10€

Sinopse

Arredor de 1900, o neerlandés Otto van Oudijck desempeña o cargo de gobernador da provincia de Labuwangi, unha vila costeira ficticia próxima a Surabaia, na illa de Xava.
Con esta obra Louis Couperus exerceu unha crítica ben temperá, penetrante e explícita, do colonialismo, dos europeos “que se instalan nunha terra que lles é hostil”. Para o autor, que toma partido pola resistencia dunha poboación nativa en aparencia submisa -a “forza escura” ou guna-guna, en xavanés, a maxia que “roe como un veleno e unha inimizade o corpo, a alma e a vida”-, Indonesia é “unha colonia xigantesca mais exhausta, dirixida desde os Países Baixos sempre cunha única idea en mente: a obtención de beneficios”, análise que desempeñou un papel crucial na toma de conciencia acerca dos desmandos do pasado colonial.