Datos do libro

SIBARIS
VILLAR, DOMINGO

  • Editora EDITORIAL GALAXIA S.A.
  • Materia OBRAS E TEXTOS TEATRAIS
  • Colección LIBROS SINGULARES E FORA DE COLECCION
  • EAN 9788411761390
  • Estado Dispoñible
  • Encadernación Tapa dura
  • Páxinas 172
  • Tamaño 210x135x0 mm.
  • Peso 1
  • Data de lanzamento: 07/09/2023
Imp.incluídos 15,95€

Sinopse

Un agasallo literario.
Tes nas mans a obra de teatro que Domingo Villar deixou rematada e que entregou a Editorial Galaxia para a súa publicación. Trátase dunha peza protagonizada por un escritor que se atopa nun bloqueo creativo dende hai anos.
Sobre todo é unha obra moi divertida, como era o seu autor. Así, co fino sentido do humor que Domingo destilaba, desfilan pola escena as filias e as fobias de moitas escritoras e escritores ao longo da súa carreira literaria, que teñen que ver cos medos, as inseguridades e
as paranoias de quen se dedican a escribir. Trátase dunha reflexión aguda, cómica, ás veces desapiadada, mais sempre lúcida, arredor da literatura e de todo o que a rodea.