Opcións
Sinopse
O libro que tes na man loce en calquera estante e queda ben en toda composición que se prece para fotos de interiorismo. O seu contido resume a historia de reizentolo contada de primeira man e recolle todo un tratado de deseños realizados durante os primeiros 20 anos de vida da marca, con 20 camisetas comentadas por 20 personalidades da cultura galega que –nalgún momento e por causalidade– compartiron andaina con este proxecto popular, divertido e retranqueiro.