Opcións
Sinopse
Este é o regreso de Manuel Guede a un lugar que é máis ca unha cidade posible ou o reverso dun espello chamado Ourense. A néboa é a celebración dunha derrota: inaugurada en 1985 con Contra Serenou, continuada en 2000 con As doce e sereno e que agora conclúe sabendo xa que é nesa dignidade onde se toma conciencia da historia, desde onde se axitan os desconcertos e se intenta poñerlle nome ás vidas perdidas entre a ironía e a desolación. Este libro trata sobre a aprendizaxe de como vivir derrotado e de como o fracaso forma parte dunha nosa identidade nacional.