Datos do libro

MR. SMITH E A FESTA MURADA
MARTIN, PACO

  • Editora EDITORIAL GALAXIA S.A.
  • Materia FICCIÓN MODERNA E CONTEMPORÁNEA
  • Colección LITERARIA
  • EAN 9788411760287
  • Estado Dispoñible
  • Encadernación Tapa blanda
  • Páxinas 178
  • Tamaño 210x135x0 mm.
  • Peso 1
  • Data de lanzamento: 11/05/2023
Imp.incluídos 18,05€

Sinopse

Da expedición científica que Mr. Smith realizou polas rúas e prazas dunha cidade galega, coa xenerosa intención de dar cunha nova vía que servise de atallo no camiño da investigación socioxeográfica e, de presentárselle a ocasión, aproveitar para facer algún descubrimento de carácter etnográfico, zoolóxico ou mesmo botánico, que lle proporcionase a sona precisa para que alguén tivese un fundamento, por cativo que fose, que o levase a realizar algún comentario ao respecto na hora da lectura dos xornais en calquera club londiniense ó que asistisen membros da Royal Geographic Society, ou calquera outra entidade de sona e prestixio parellos.