Datos do libro

MONICREQUES
COSTAS, XOSE DANIEL

  • Editora CENTRO PEN DE ESCRITORES DE GALICIA
  • Materia NARRATIVA EN GALEGO
  • Colección ARTE DE TROBAR (POESIA)
  • EAN 9788461597680
  • Estado Dispoñible
  • Páxinas 114
  • Peso 1
  • Data de lanzamento: 14/09/2012
Imp.incluídos 14,70€

Sinopse

Ergue o telón no gran teatro de Weimar e cara á boca do escenario avanza un xigante cos brazos en alto e as mans en puño, novo Prometeo, a reclamar máis luz. Ou soa mínima unha danza nupcial entre unha orxía de cuspe, suor e sangue. Ou entra pola dereita un anano disfrazado de tormenta ofrecendo ao público entre poutas de aceiro un monllo de pergamiños onde podemos ler -en cada pergamiño unha letra inmensa- a Declaración Universal da Rendición de Todo Ser Humano.