Sinopsia
PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2007. PREMIO ARCEBISPO SAN CLEMENTE 2008
Así nacen as baleas conta a historia dunha liberación e, ao tempo, a viaxe de volta dunha muller nova á casa, á familia e ao pasado. Sentimentos, paixóns, condicionantes sociais e vivencias estouran a través dunha linguaxe renacida, cunha maneira de narrar que descobre o mundo cos ollos novos de quen quere vivir nel de xeito diferente.