Sinopsia
Raíñas, nobres, bandoleiras, heroínas en batallas e revolucionarias; mulleres con vidas que se mesturan coas lendas e personaxes de lenda que puideron existir na realidade. Mulleres que sufriron as consecuencias de ser muller e con historias reflexo de moitas outras que foron esquecidas.
12 mulleres sen rostro….
Rosa de Cabanas imaxina estes rostros, para achegarnos non só unha cara, senón tamén unha historia.