Sinopsia
Os poemas de A distancia do século interpretan, en diálogo coas voces e referencias que fundamentan o mundo do autor, a experiencia da memoria e do presente a través dun singular estilo de condensada, elegante e suxestiva verbalización.
Ánxel Huete (Ourense, 1944) é un referente da pintura abstracta en Galicia. Membro do grupo Atlántica, formouse en cidades como Barcelona, Berlín e Nova York. En 2023 deu ao prelo Pintura sen cores. En 2017, Xosé María Álvarez Cáccamo (quen asina o limiar desta obra) publicaba As artes da vida de Ánxel Huete, un retrato dinámico do poeta-pintor.