Sinopsia
Es quen de mover cousas coa emnte? A que sabe a cor azul?
Pareceríanos normal escoitas estas preguntas nunja conversa entre Harry Potter e os seus colegas. Mais Juan Castro Rivadulla Fernández nunca estivo en Hogwarts.
É un neurocientífico galego que responde estas cuestións tan disparatadas mentres nos explica, dun xeito divertido e sinxelo, o funcionamento do cerebro.
Queres coñecer as súas repostas?