Sinopsia
As desigualdades de xénero amplifícanse no mundo dixital, onde non hai barreiras temporais e xeográficas, nin, por tanto, refuxio. Nas redes sociais, a violencia contra as mulleres e as disidencias sexuais e identitarias multiplícase. Tamén a asistencia dixital, cada vez máis presente nas nosas vidas, está ateigada de estereotipos sexistas e de tolerancia á violencia de xénero. Reverter esta realidade é necesario e urxente e, para iso, resulta imprescindible que máis mulleres se formen en ciencia e tecnoloxía. Pero, de novo, os nesgos de xénero expulsan as mozas destas carreiras e empúrranas aos coidados. Neste libro achéganse os resultados de investigacións que se desenvolveron na Universidade de Vigo, onde se analizan estes problemas e se propoñen solucións e referentes para que o mundo dixital sexa un espazo seguro e de crecemento para todas.