Liburuaren datuak

CIDADE DOS CESARES, A
F. FREIXANES, VICTOR

  • Editoriala EDITORIAL GALAXIA S.A.
  • Gaia FICCIÓN MODERNA E CONTEMPORÁNEA
  • Bilduma LITERARIA
  • EAN 9788491519140
  • Baldintza Dispoñible
  • Lotura Tapa blanda
  • Orrialdeak 426
  • Neurria 210x135x0 mm.
  • Weight 1
  • Release date: 15/07/2022
Tax included 23,95€

Sinopsia

Velaquí un dos grandes textos da literatura galega contemporánea. Entre 1776 e 1783 arredor de cincocentas familias de Galicia, Asturias e a Maragatería embarcaron na cidade da Coruña para ir poboar terras ao sur da provincia de Buenos Aires, o que os historiadores coñecen como a Expedición das Familias. Alí crearon varios asentamentos, dos que unicamente sobrevive Nosa Señora do Carme de Patagones, na boca do río Negro. O conde de Floridablanca e os ministros de Carlos III deseñaron a ocupación para evitar que o inglés se establecese naquelas latitudes.
Cen anos despois, en 1885, o piloto de Noia, Basilio Vilariño, evoca aquelas xornadas dialogando co gaiteiro, Chinto de Muras, mentres o exército arxentino entra na antiga aldea de colonos, despois de vencer na montaña a derradeira resistencia das tribos indíxenas. Diálogo entre defuntos, apenas sombras no medio do lamazal.
A Cidade dos Césares gañou o Premio de Novela Torrente Ballester en 1992. Case trinta anos despois, o autor ofrécenola nesta edición corrixida e revisada.