Sinopsia
Compiladores: Marcelino Agís Villaverde e Darío Villanueva
Con esta obra a Universidade de Santiago de Compostela rende homenaxe a Domingo García-Sabell, un intelectual e un home de ciencia vencellado coa institución universitaria e con Galicia de múltiples e moi intensas maneiras. O proxecto nace e desenvólvese da man doutra institución do país á que tamén estivo intimamente unido o homenaxeado: a Editorial Galaxia, da que García-Sabell foi presidente do seu Consello de Administración.