Opcions
Sinopsi
Nacional 547, máis que unha estrada, é a vea aberta pola que se desangra en arelas e frustracións a vida dun adolescente na Palas de Rei dos anos oitenta. O mozo retorna coa súa familia, desde a diáspora xarnega, no barcelonés barrio de Horta, a unha vila rural que para el será un territorio de exilio cuxas coordenadas lle resultan incomprensibles. Atoutiñante e desorientado, irá descifrando a existencia na procura de redención grazas aos códigos achados na amizade e na traizón, no sexo e no desamor, nas drogas, na violencia, na soidade, na literatura, no rock… Un relato iniciático adubado con pornografía, heavy metal e Goma 2, que non deixará indiferente a ninguén.