Opcions
Sinopsi
A Bego encántalle estar coa súa panda baixo o carballo que medra a carón da súa casa, no barrio do Calvario. Tamén os acompaña Circe, unha gata máxica con ollos amarelos de cacharela, de chupa-chups de limón. A súa vida trascorre feliz, pero murcha polas noites, cando non é quen de coller o sono e precisa da súa nai, que a calma contándolle historias doutros tempos e doutros lugares. Unha mañá, a profesora de Francés da escola comeza a facer cousas estrañas...