Opcions
Sinopsi
Luísa Villalta entendía a literatura como unha das artes da sedución. E, nestas Formas breves de pensamento, que compilan textos do seu legado literario, maiormente inéditos, sedúcenos na distancia curta e íntima da brevidade e a precisión.
Palabras destiladas ao máximo en forma de aforismos, haikus, reflexións e breves poemas, esencia mesma desa vida tan diferente, a arte, pois nela un pode mentir. Pensamentos e palabras que producirán en ti, lector ou lectora, a conciencia de estar vivo, que se enriquecen coas ilustracións de Alfonso Costa e Carolina Rouco Villalta.