Opcions
Sinopsi
Atréveste a pensar? Queres morrer de risa dando unha volta pola antiga Atenas con Sócrates, o home máis feo, sabio e bondadoso da Grecia Clásica? Tes valor para correr aventuras, pasar medo e namorarte no santuario dos animais salvaxes con Alexandre Magno e Aristóteles? Deixas que Simone de Beauvoir che explique por que “inventou” o feminismo…?
Se contestas que si, abre O libro secreto da Filosofía e comeza a ler. Viaxa con Eila e Breixo, os dous rapaces protagonistas, a través do tempo e doutras dimensións e vive aventuras onde coñecerás os filósofos e filósofas máis importantes da historia e poderás achegarte á orixe do coñecemento.