Opcions
Sinopsi
No desterro, o primeiro poemario de Ramón Cabanillas, ve a luz na Habana en 1913 cun limiar de Basilio Álvarez que o consagra como poeta social por excelencia, aínda que en termos escritos os poemas desa índole fosen minoritarios no conxunto do volume. Nesa cidade e nesa dara entrecrúzanse as súas traxectorias biográficas e, simbolicamente, tamén conflúen tres dos fenómenos definidores da experiencia colectiva dos galegos do século XX: o galguismo, a emigración e o agrarismo.