Dades de l'llibre

PRINCIPIÑO, O (CARTONE)
SAINT-EXUPERY, ANTOINE DE

  • Editorial EDITORIAL GALAXIA S.A.
  • Matèria XUVENIL EN GALEGO
  • Col·lecció LIBROS SINGULARES E FORA DE COLECCION
  • EAN 9788498654097
  • Estat Dispoñible
  • Enquadernació Tapa dura
  • Pàgines 96
  • Mida 240x165x0 mm.
  • Weight 1
Tax included 20,65€

Sinopsi

Unha edición especial dun clásico da literatura para conmemorar os 30 anos da 1ª tradución ao galego feita por Carlos Casares.
Este é un libro fundamental da literatura universal. Trata da historia dun neno, príncipe nun planeta sen xente, que un día abandona o seu reino desenganado dunha flor da cal está enamorado. Na viaxe que emprende por distintos planetas coñece sucesivamente a un rei, un vaidoso, un bebedor, un home de negocios, un faroleiro e un xeógrafo. Finalmente chega á terra, onde atopa a unha flor, un raposo, un garda-agullas, un comerciante e un aviador caído no deserto que trata de arranxar a avería do motor do seu avión. O home e o neno falan e fanse amigos, pero o pequeno quere volver ó seu planeta, onde está a súa flor, e déixase morder por unha serpe velenosa. Non é este o episodio menos enigmático e misterioso dun libro que todo el é un puro misterio. A tradución galega de Carlos Casares é hoxe considerada unanimemente como unha auténtica xoia literaria.