Política de privacidade

Quen somos?

EDITORIAL GALAXIA S.A. (en adiante, A EDITORIAL) con rexistro en Pontevedra, folla PO-10824, folio 47 do libro 1370 de sociedades inscrición 1º, é propietaria e xestora do sitio Web www.editorialgalaxia.gal. Para calquera comentario, dúbida e suxestión relacionada con temas da páxina Web, pode poñerse en contacto con nós mandando un correo electrónico a galaxia@editorialgalaxia.gal, chamando ao número de teléfono 986 43 21 00 ou visitando as nosas oficinas sitas en Avenida de Madrid 44, Baixo, Vigo.

 

Quen é o responsable dos seus datos?

EDITORIAL GALAXIA S.A.

Avenida de Madrid, 44, Bajo, 36204 – Vigo (Pontevedra)

CIF nº A-36603314

Inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra, folio 47 do libro 1370 de sociedades, inscrición 1º.

 

Que datos persoais recollemos e por que

-Os que nos facilitas voluntariamente mediante os formularios habilitados, como o de subscrición ó noso boletín ou os formularios de contacto, para poder cumprir coas solicitudes e facerche chegar a información que precisas

-Os datos derivados de comunicacións directas entre A EDITORIAL e as persoas usuarias, coa finalidade de asegurar unha comunicación fluída e coherente.

-Datos de navegación (IP e información recollida polas cookies). Estes datos axudan a que a nosa páxina se adapte ás túas preferencias, ó tempo que nos permiten analizar o tráfico da nosa web para poder tomar decisións estratéxicas. Para máis información ó respecto das cookies podes acceder á nosa Política de cookies

 

Como tratamos os datos?

A privacidade e o tratamento serio dos datos facilitados son unha prioridade para nós, polo que aseguramos en todo momento o cumplimento da lexislación vixente en materia de protección de datos, de acordo cos principios de licitude, lealdade e tansparencia, así como o principio de limitación da finalidade e o de minimización de datos.

A EDITORIAL resérvase a facultade de adaptar a presente política aos cambios e novidades lexislativas que a afecten directamente. No suposto de modificación, A EDITORIAL anunciará os cambios e solicitará, de ser preciso, a súa aceptación. 

En cumprimento do disposto no Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016; (RGPD) e Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais (LOPDGDD); EDITORIAL GALAXIA informa de que os datos facilitados nos formularios habilitados para tal efecto son incluídos nun ficheiro responsabilidade desta entidade. Este ficheiro está protexido coas correspondentes medidas de seguridade técnicas e organizativas previstas na normativa vixente. 

Así mesmo, de conformidade coas actuais leis de protección de datos, as persoas usuarias teñen os seguintes dereitos con respecto ao tratamento dos seus datos:

-de acceso

-de rectificación

-de oposición

-de supresión (ao olvido)

-á limitación do tratamento

-á portabilidade

-a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas

-de información

 

Formularios de contacto

Os formularios de contacto habilitados na nosa páxina Web teñen a única finalidade de asegurar un servizo ó clinte. Os datos recollidos mediante estes formularios consérvanse durante o tempo que dure a relación comercial, coa finalidade de cumplir co servizo solicitado pola persoa usuaria. A información recollida mediante estes formularios non será empregada, polo tanto, para fins de marketing, a non ser que a persoa usuaria solicite o contrario.

 

Cookies

Esta Web emprega cookies para asegurar a máxima adaptabilidade ás necesidades das persoas usuarias. 

-de análise 

Analizan o tráfico e movementos nunha páxina Web para poder mellorar a oferta que se fai a través da mesma.

-de personalización

Analizan a orixe do tráfico para, por exemplo, determinar o tipo de navegador desde o que accede ao servizo ou a configuación rexional dende a que accede,

-de terceiros

Alén disto, esta Páxina Web emprega os servizos de Google Analytics, sito en Estados Unidos, con sede central no 1600 Amphiteatre Parkway, Mountain View, California, 94043. Esta información ten unha finalidade estratexica, xa que serve para tomar decisións e mellorar a presenza da editorial en Redes sociais.

 

Canto tempo conservamos os teus datos

Pola natureza do noso labor, os datos consérvanse durante o tempo que dure a relación comercial ou comunicativa entre A EDITORIAL e a persoa usuaria. En casos moi concretos, a información pode gardarse durante máis tempo para satisfacer unha necesidade. En calquera caso, ante a solicitude da persoa usuaria do borrado da súa información das nosas bases de datos, a eliminación dos mesmos será automática.

 

Data da última actualización: [06/09/2023]