Opciones
Sinopsis
Antón, Sabela, Iria e Carola son irmáns e, como tal, nunca están de acordo en nada. Súa nai decide levalos a Portomarín durante o verán e por vez primeira coinciden en algo: esas van ser as peores vacacións da súa vida.
O que non saben é que alí encontrarán a Venres, un can que se converterá no quinto membro do grupo, e que atoparán algo moito máis inquietante. Que agochan as ruínas da antiga vila mergullada baixo o Miño? Que segredos ocultan, desde hai décadas, as veciñas e veciños de Portomarín? Poderá o grupo enfrontarse aos perigos que axexan e descubrir a verdade asolagada sen sufrir ningún dano?
Primeira entrega da saga dos Misterios, coa que máis de 30.000 lectoras e lectores xa descubriron as súas habilidades detectivescas!