Opciones
Sinopsis
Que pasaría se a historia máis fascinante nunca antes contada estivese diante túa?
Que pasaría se che falase do primeiro reino de Europa, da primeira escritora de Occidente, dun meigo que acabou sendo bispo, de mosteiros agochados no bosque onde se custodiaban aneis máxicos, dun pobo en rebelión que derrubou fortalezas e inxustizas, dun tempo onde todo un reino cabía nun castelo e a liberdade penduraba da espada dos seus derradeiros guerreiros, dun imperio gobernado por unha raíña coroada despois de morta e dunha muller que cruzou o Pacífico ata ser a primeira almiranta da historia?
Todos estes relatos, por moi extraordinarios que che parezan, son reais. Todos aconteceron en Galicia. Homes e mulleres que cambiaron o destino da humanidade.
Isto é Unha historia de Nós.
Ilustracións Agustina Shuan