Opciones
Sinopsis
Non vou contar como chegou ás miñas mans este relato, porque sería complicado de máis. Só direi que non coñezo o seu autor e que disto moito de ser a persoa a quen está dirixido. Disto tanto, que esta persoa seguramente é un cidadán de fala inglesa. Efectivamente, o orixinal viña en inglés, un pobre e incorrecto inglés; todo o relativo a esta circunstancia quedará claro para quen se decida a ler as páxinas que seguen, que me limitei a traducir. Aínda que, a dicir verdade, deseguida vin que a miña tradución é tamén moi defectuosa e mesmo incompleta: sen ir máis lonxe, deixei tal como viñan numerosas palabras e frases enteiras, non sei se por preguiza ou, incluso, nalgún caso, por ignorancia.