Datos del libro

ARREDOR DO XACOBEO. DISCURSO DAS ACADEMICAS E ACADEMICOS NUMERARIOS DA ACADEMIA XACOBEA 2016-2024
VARIOS

  • Editorial EDITORIAL GALAXIA S.A.
  • Materia BIOGRAFÍAS E PROSA DE NON FICCIÓN
  • Colección ENSAIO
  • EAN 9788411765732
  • Estado Dispoñible
  • Páginas 666
  • Tamaño 230x150x0 mm.
  • Fecha de lanzamiento: 12/03/2026
Imp. incluídos 32,80€

Sinopsis

A Academia Xacobea nace no ano 2017 incorporando académicos e académicas de distintas universidades de Galicia, do resto de España e de Europa.
Promovemos a súa creación oito persoas coñecedoras do Camiño de Santiago e da súa importancia histórica na construción europea, conscientes da necesidade de contar cunha institución independente, de dereito público e sen ánimo de lucro, que levase a cabo o estudo, investigación e difusión do fenómeno xacobeo e dos seus valores.
O presente libro recolle os discursos pronunciados polas académicas e académicos numerarios desde o período constituínte no ano 2016 ata 2024. Incorpóranse tamén, nunha segunda parte, os discursos pronunciados con motivo das inauguracións de curso, establecidas nos nosos estatutos.
Estamos seguros de que esta achega, académica e ben documentada, sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións, contribuirá a iluminar aqueles aspectos tratados polos membros da nosa corporación. Agradecémoslles o seu traballo a prol do coñecemento do Camiño de Santiago, que vertebrou Europa e que lle deu a Galicia un dos sinais da súa identidade.