Datos del libro

INIMIGOS AS PORTAS. FRANK LOPEZ E O ANARQUISMO GLOBAL
ALONSO, BIEITO

  • Editorial EDITORIAL GALAXIA S.A.
  • Materia ENSAIOS LITERARIOS
  • Colección ENSAIO
  • EAN 9788411762144
  • Estado Dispoñible
  • Encuadernación Tapa blanda
  • Páginas 288
  • Tamaño 230x150x0 mm.
  • Peso 1
  • Fecha de lanzamiento: 27/05/2024
Imp. incluídos 24,15€

Sinopsis

A historia de Frank López —Francisco López García (1885-1967), natural de Bemantes, Miño— non é unha historia común, nin sequera dende os parámetros lexibles en que se moveron os anarquistas de orixe galega nos Estados Unidos. Mais, como escribir sobre alguén que apenas existe? Aínda así, pode resultar de interese a historia dun simple individuo para explicar a traxectoria transnacional dun movemento, como o dos anarquistas galegos, e peninsulares, que, localizado nos Estados Unidos, tamén estendeu os seus brazos pola súa contorna xeográfica, nunha sorte de intercambio propagandístico, financeiro e axitador que o mantivo vivo e vixente durante os primeiros trinta anos do século XX.
Bieto Alonso ofrécenos en Inimigos ás portas. Frank López e o anarquismo global un material de extraordinario interese que nos achega a unha desas moitas persoas, nadas en Galicia, que desenvolveron un papel singular nalgún dos acontecementos históricos máis relevantes do primeiro terzo do século pasado.