Book data

LINGUA ESTRANXEIRA, A (PREMIO DA CRITICA NARRATIVA GALEGA 2022 E OJO CRITICO NARRATIVA 2023)
BRAIS, LAMELA

  • Editorial EDITORIAL GALAXIA S.A.
  • Subject FICCIÓN MODERNA E CONTEMPORÁNEA
  • Collection LITERARIA
  • EAN 9788411766074
  • Status Dispoñible
  • Pages 300
  • Release date: 29/06/2026
Tax included 22,50€

Synopsis

Dous mozos pérdense por unha terra allea na procura dun antigo asentamento colonial. Mentres foxen dos incendios e buscan acubillo en hoteis perdidos na selva, unha fráxil intimidade xorde entre eles, sempre ameazada pola posibilidade de que cada palabra signifique o contrario do que parece.
Esta viaxe é a porta de entrada a un mundo narrativo expansivo e único: un viaxeiro decimonónico que rexistra os albores dunha sociedade en cartas alén mar, unha parella que se le libros en alto para non mirar o que se aproxima e, como un coro subterráneo, un grupo de figuras espoliadas que esixen retornar.
A medio camiño entre a crónica íntima e a novela histórica, pero sempre ancorada no noso precario presente político, A lingua estranxeira é unha novela sobre a arte e a restitución, sobre a sombra alongada da violencia colonial, sobre a linguaxe como forma de arruinar e recompoñer mundos. Unha obra polifónica e valente, sostida mediante a alternancia de catro liñas narrativas, que mestura tradicións para erixir, nas fronteiras da literatura, o país impuro dos sen-nome