Book data

COCIÑA GALEGA, A
CUNQUEIRO, ALVARO

  • Editorial EDITORIAL GALAXIA S.A.
  • Subject COCIÑA XERAL E RECEITAS
  • Collection BIBLIOTECA 75 ANOS
  • EAN 9788411763936
  • Status Dispoñible
  • Binding Tapa blanda
  • Pages 176
  • Size 220x150x0 mm.
  • Release date: 07/04/2025
Tax included 21,00€

Synopsis

oa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que
demostrou nas súas publicacións dende 1950 traendo, aos lectores e lectoras do século XXI
moitas destas obras innovadores que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego
e, por extensión, tamén da súa sociedade.
O segundo volume desta colección conmemorativa é A cociña galega, de Álvaro Cunqueiro,
publicado en 1973 por vez primeira, e que agora se recupera cun limiar de Javier Olleros, cociñeiro
do restaurante Culler de Pau, no Grove recoñecido,
con dúas estrelas Michelin, e con ilustracións de
Maruxa Caeiro.
Comeza Cunqueiro citando a un gran “gourmet”,
que dicía que “se todos os homes se nutren, soamente
uns poucos saben comer”. Cunqueiro sabía
comer, sabía o que comía, coñecías os produtos e a
súa historia e, neste libro escribe, as mellores páxinas
sobre a gastronomía galega, co seu saber enciclopédico
e cun fermoso alento literario. Transitan
por estas páxinas lampreas, queixos, mariscos, empanadas,
porcos, caldos, verduras... e, por suposto, os
viños; el, que afirmaba que podía darlle unha volta ao
país coa cunca do seu apelido na man.
Como afirma Javier Olleros nos seu entusiasta e
emotivo limiar, a nosa gastronomía está moi ligada
a un feito cultural: a maneira de comer. A comida
como recordo, como fío que achega ao fogar, ao
noso contorno, a aquilo que nos identifica e no que
nós recoñecemos Para Cunqueiro: “O importante, a comida, o territorio, a memoria, a identidade,
o coidado, o pensamento e a imaxinación son valores que respaldan a potencia dunha gastronomía”.
Viva A cociña galega, de Álvaro Cunqueiro, como lectura universal e contemporánea!
Bo proveito!