Book data

ENTOMOLOXIA PARA MISIONEIROS (PREMIO GARCIA BARROS 2023)
CASTRO PAREDES, FERNANDO

  • Editorial EDITORIAL GALAXIA S.A.
  • Subject FICCIÓN MODERNA E CONTEMPORÁNEA
  • Collection LITERARIA
  • EAN 9788411761529
  • Status Dispoñible
  • Binding Tapa blanda
  • Pages 310
  • Size 210x135x0 mm.
  • Weight 1
  • Release date: 09/10/2023
Tax included 21,90€

Synopsis

PREMIO GARCÍA BARROS 2023
O vinculeiro dunha podente familia de Capri, presbítero dunha relixión que se concibe a si mesma como a “Fe Verdadeira”, desaparece no cumprimento do seu labor misional nun territorio inhóspito habitado por pobos ignotos, que semellan pertencer máis ao mundo da lenda que ao da realidade. Os pais do misioneiro contratan a un experto antropólogo para localizalo e, se é posible, traelo de volta á casa.
Ambientada nun século XIX imaxinario, Entomoloxía para misioneiros constrúe, mediante a diversidade de linguaxes e técnicas narrativas, un universo de ficción onde o espírito aventureiro engarza situacións que contrapoñen a devoción relixiosa co racionalismo científico e a civilización coa barbarie, e conceptos como “honor”, “valentía”, “pecado” e “deus” adquiren un novo significado para as persoas en canto se ven sometidas aos avatares do seu destino.