Book data

GALEGOS NO GOLFO DE MEXICO (B.N.VILAS)
NEIRA VILAS, XOSE

  • Editorial EDITORIAL GALAXIA S.A.
  • Subject FICCIÓN MODERNA E CONTEMPORÁNEA
  • Collection BIBLIOTECA NEIRA VILAS
  • EAN 9788411760478
  • Status Dispoñible
  • Binding Tapa blanda
  • Pages 332
  • Size 210x135x0 mm.
  • Weight 1
  • Release date: 22/09/2023
Tax included 23,65€

Synopsis

Co material que recompilou Xosé Neira Vilas, de diferentes fontes e en sucesivas etapas na súa estadía caribeña, elabora un relato xornalístico “a partir das experiencias dunha comunidade de emigrantes da miña terra” que se dedicou á pesca nos mares dos litorais de México, Os Estados Unidos e Cuba, que sitúa a obra “na mellor tradición do xornalismo literario galego” (Manuel Rivas).
Da pluma de Neira saen dezaseis reportaxes que se asentan na forza das vidas, obras, venturas e desventuras dos personaxes que entrevistou, testemuño das sinxelas vidas duns emigrantes dedicados ao mar. “Nada máis. Pero tamén nada menos, pois trátase de vidas verdadeiras, latexantes, co seu cunco de heroísmo cotián e anónimo”, que fan de Galegos no golfo de México un dos mellores traballos do xornalismo narrativo de todos os tempos, galego e non galego.